sábado, 13 de abril de 2013

Mini-Poema fotográfico


Morren as luces de neón
      

a escuridade da cidade cólase pola miña ventá
 
                           

                                
e a noite escachou en mil pedazos
                   Conchi

3 comentarios:

  1. Con este mini-oema fotográfico quérovos dicir que sigo estando con vós, aínda que este ano , por distintas circunstancias, non acuda coa frecuencia que quixera ao Macondo.
    Bicos e versos.

    ResponderEliminar
  2. A tua presenza inestimable faranos medrar en todos os sentidos.
    Hoxe, para min especialmente, e coido que para todos, é unha ledicia verte no blog.
    ! Que a poesía, ese touro bravo, nos faga mellorar como persoas!
    Unha grande aperta.
    Ana.

    ResponderEliminar
  3. Grazas Ana. As túas palabras sempre me saben a mar e a brisa que me agarima. Pero síntome un pouco abrumada polo que me dis. Non teño nin a mitade de valor que me das.
    Iso si, que a poesía siga brotando dos nosos corazóns e que os fíos que nos unen non rompan nunca.

    ResponderEliminar