martes, 9 de abril de 2013

Á memoria de José Luis Sampedro

Foi sempre o mundo tan hostil
ou son eu a que sinte este desgarro?

Ese lóstrego de luz foi unha tregua
na monotonía da choiva nos cristais?

Foi quizais un tempo insondable
que se perdeu na agonía da oleaxe
dun instante?

Perdeuse nas horas
enredadas no laberinto do día
cando durmian as estrelas?

O desterro terra adentro
foi un salto na rede voluntario,
ou a furna da cinza da inocencia?

É primavera,
e inda hai follas que caen a destempo.

Cando baixe a marea
volverán as campías á ribeira.


                              Ana López.

2 comentarios:

  1. Se nos fue un grande. Pero, lo importante es rescatar su presencia en sus pensamientos, en sus escritos, en sus esperanzas, que hago mías.

    ResponderEliminar
  2. Como o poema saliu algo chorón penso que diria aquelo de "no me lloreis, !luchar!"

    ResponderEliminar