miércoles, 10 de abril de 2013

Sara Montiel

As lembranzas da nenez son moi especiais, van pola súa conta, son irreverentes e pizquiña amorais; poden facer risas dunha necrolóxica, aparecen cando lles peta, e converten a realidade nunha pelicula en tecnicolor ou nunha canción.
Son así.
Velaí o que pasou onte:
A tarde non daba para moito, e eu para menos. Chovia a chuzos e non tiña impermeable para o ánimo.Estaba nun deses días "ausentes" !que carafio, estaba feita unhos zorros!; nin me trataba...
Anóbelarame no sofá a ver o televexo, último recurso,e enton deron a nova:morrera Sara Montiel.
Sen chamar á porta apareceu o recordo con cara de felicidade; si, xa sei que soa raro pero foi así !que Deus e os seus me perdoen!
!Ai miña filla! ao oir "Yira" ali que me vin coa miña amiga Elba cantando ó redor da muralla a berros aquelo que tanto nos gustaba de "cuando la suerte que es grela" !que sabe o demo o que quereria dicir.
Aquelo foi como se me puxeran pilas na memoria, ultimamente sempre con preguiza, e lembrei todas as cancións de Saritisima.
A tarde rematou chamando á miña amiga e cantando as duas xuntas por teléfono algunhos versos das súas cancións e ríndonos da nosa rebeldía deses días( bueno, o da rebeldía inda non se nos pasou)
Ó rematar a conversa no corazón xa non chovia.
Grazas Sara Montiel.


                          Ana López.

No hay comentarios:

Publicar un comentario