miércoles, 10 de julio de 2013

Poetas galegos - Xavier Seoane

Xavier Seoane
Do seu libro “Para unha luz ausente”



IV


De onde che veu
esa voz de caracola apagada
nos destinos dun mar que non alcanzo?

Cando falas
fasme sentir tan fondo e mar adentro
que o paso silencioso dun arroaz
podería romper a inmensidade,
e o azar dunha gaivota extraviada
faceme recordar a primavera
da túa voz e do teu corpo
cando atravesa a fronteira do suspiro
previo á fala.

Quero escoitar ese murmurio teu
tan longo, tan inmenso, tan alleo
a todo canto amo e non alcanzo:

Quero, alí; naufragar
como quen escoitou un día ás sereas
e, enlouquecido,
só oe eternamente silencio e máis silencio;



o eco do teu soño na nudez branca.