sábado, 13 de abril de 2013

O TREN

Para Conchi

Estou na estación
dunha cidade de néboa
habitada por seres asustados
que non saben que existen

esperando un tren
que se desliza por vías de fume
nun tempo sen reloxios

leva departamentos pechados
con ventás que non miran a paisaxe
pasa por estacións abandoadas
de desfigurados letreiros

suben en cada parada
homes e mulleres exhastuos
que percorren con présa os corredores
sen chegar a mirarse

eu sigo agardado
coa miña equipaxe de soños
nesta estación pantasma

e deixome levar pola amizade
ese tren que se perde tantas veces!

                                     Ana López.

2 comentarios:

  1. Grazas Ana por adicarme este poema. Todos nos atopamos algunha vez nesa cidade de neboas, pero, non o dubides, un día sae o sol entra polas ventas do tren e alguen que pasa polo corredor míranos e nos seus ollos encontramos a luz. E lembra, esa luz , as veces, viaxa no último vagón.

    Que o sol desta maña ilumine a estación pola que transitas.


    ResponderEliminar
  2. Grazas a tí por aceptalo e por estas palabras.

    ResponderEliminar