sábado, 10 de noviembre de 2012

Transporte público

A todos e cada un dos DIVERSOS que levan no corazón a poesía .


No solpor, trala fiestra
vexo coas cores do outono
os tellados da alma.

A choiva debuxa na mirada
liñas que renovan agoiros
e relan sutilmente a vontade.

Nesta fase do camiño
ando a apreixar a vida.
Viaxo en autobús.

Van canda min outras persoas;
falan,rin , choran...
Nunha maruxía de sentimentos
esvaramos, fundidos docemente
nun agarimoso corpo a corpo
coas palabras.


Ana López.


No hay comentarios:

Publicar un comentario