Os reiseñores non viven no bosque,
non buscan gallas para facer niños,
nin elevan o canto sobre cumes azuis,
nin buscan abrigo na ramaxe.
Habitan nos suburbios, en casas de ladrillo,
erguen a súa melodía monocorde na friaxe do asfalto,
levan o soño do amor no corazón,
e anuncian , como sempre, a primavera.
O seu canto é un mencer preñado de luz
nas fráxiles follas do futuro.
Creron as cancións dos vellos reiseñores
escritas en partituras de promesas,
hoxe cinza atrapada na espesura dun mal soño.
Deixádeos cantar;
escoitade esa estrofa entumecida de medo
por onde brota a fonte da esperanza.
Deixádeos voar;
presos, afogan o seu canto para sempre,
voarán coas ás caídas,escondidos no silenzo.
,
Trabucáronse;
sairon có sol da invernía pensando que era primavera,
e caeron abatidos na rúa das estrelas.
Os que por alí pasaban recolleron, nun xesto solidario,
o canto.
Ana López.
Hermoso poema, estamos como esos pájaros, creídos de una primavera que se hizo crudo invierno. ¿Metáfora?
ResponderEliminarNo una realidad que el poeta (tu) ves y nos transmites
Grazas.
ResponderEliminar