miércoles, 21 de noviembre de 2012

SEN PARAÍSO

A noite
é un estrondo de bombas e de berros.
Derrubaron as casas
enchendo de bagoas solares baleiros.
Amontoaron ausencias.
Os visitantes ferraron os afectos,
desabotoaron a realidade,
e a carraxe arrastra corpos torturados polas rúas.
O medo
anica os corazóns,
camisas de forza paralizan o amor.
A compaixón viaxa nun vagón
abandoado nunha estaciión pantasma;
unha larva agochada na traxedía.

Ana López.

No hay comentarios:

Publicar un comentario