miércoles, 30 de enero de 2013

DIA DA PAZ

Tal día coma hoxe en todos os centros de ensino estanse a facer actos encol de a Paz. Non é doado transmitirlles aos nenos/as a esperanza cando se derriban a cotío tantos dereitos do home, inclusive o máis sagrado: a VIDA;máis teño a seguridade de que a palabra que vai soar hoxe con máis forza e a de PAZ e ESPERANZA acompañados por cancións inolvidables que todos temos na memoria. Unha lembranza agarimosa e agradecida a todos os que seguen a crer que " o home pode ser outra cousa" e estan hoxe nos colexios en especial aos compañeiros "diversos" que siguen aí. Estes versos de Uxio Novoneyra son do "Vietnam canto" e seguen facéndonos falta desgraciadamente.

perdón por esta paz
PAZ en carteles como a COCA-COLA
PAZPAZPAZPAZPAZPAZPAZPAZPAZPAZPAZ
para tapar tanto tanto
muro
.................................................................................
................................................................................
non
eu sei que cantar non é igoal
perdón tamen por este tempo cas palabras
anque sinceiras teñen tarde polos lados
e puntos suspensivos calcados no refrixerador dun cañón
...........................
..........................
o canto parou sen rematar.

Uxio Novoneyra
O COUREL/18 marzal 1968.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario