A choiva marcaba os compases,
os paxaros cantaban notas de cristal
escritas na branca partitura da mañá
para tres corazóns e sete guitarras.
Os pasos camiñaban polo medo,
levaban o son grave da pena
e o agudo asubio da desesperación
para tres corazóns e sete guitarras.
Tiñan na pel o sinal da derrota,
o aceiro da vida cravado no peito,
os ollos escribian a letra da loucura
para tres corazóns e sete guitarras.
Querian facer da realidade unha balada
que beliscase as cordas do destino,
pero as mans non afinaron ben as notas
para tres corazóns e sete guitarras.
Son persoas que nega a economia,
corre a policia, e danlle as costas a xustiza,
só respetan aos ladróns que rouban melodías
para tres corazóns e sete guitarras.
As sereas romperon o silencio
e na pausa irrumpeu a conciencia,
no último movemento berraron !perdón!
para tres corazóns e sete guitarras.
Os soños despedironse
cun portazo camiño da cadea.
Non estarán vencidos se os beizos gardan o canto
e o corazón un acorde de guitarra.
Ana López.
No hay comentarios:
Publicar un comentario