jueves, 10 de enero de 2013

Almofada de luz

O sol sairá teimudo cada día; unha almofada de luz onde pousar os soños.



Qué afán leva ao sol a rescatar ó día
percorrendo a cara oculta da lúa
trala maleza dos grises desta choiva
qué garda o río das horas?

Qué afán leva ao sol
a engañar a máscara do tempo
acendendo menceres solidarios
cómplices da noite?

Qué afán leva ao sol
a pintar arco iris nas nubes
como un pacto de amor
entre os homes e o ceo?

Qué afán leva ao sol
a ser a almofada de luz deste futuro
preso e sen estrelas?

Ana López.

No hay comentarios:

Publicar un comentario