martes, 5 de marzo de 2013

PRELUDIO

Paseo
coa cadencia do mar calmo,
agarrada ao sol deste día regalado.

O aire recolle idilios de bolboretas e paxaros.

A primavera,
impaciente, asoma un volante da saia.

                                 Ana López.

1 comentario:

  1. Chegarán ainda días fríos e noites con choiva, máis a primavera chegará, e será máis cedo que tarde!
    Grazas polo teu poema

    ResponderEliminar