jueves, 21 de marzo de 2013

21 DE MARZO DIA INTERNACIÓNAL DA POESÍA

                                  No camiño


Dende o ventre materno
brincando
reptando
gabeando
voando algunhas veces

esquivando pedras
aproximándonos
alonxándonos
sen deternos.

Vertemos os días gota a gota
abrindo canles dende a nenez
na corrente inesgotable das emocións.

por camiños cortados
encrucilladas perigosas
pontes derrubadas
horas maniatadas
pasos paralizados
silenzos.

Seguimos ao berro inaudible da distancia
dispersándonos na ledicia
afundíndonos na pena.

Seguimos a ese Hamelin que levamos dentro
nas tardes aletargadas do destino
coa ilusión renovada no camiño.


Ana López.

No hay comentarios:

Publicar un comentario