jueves, 7 de marzo de 2013

Aire novo

Fiaños de nubes gabean polo ceo,
nas rúas da cidade derrámanse soños
de menceres atrasados.

Camiñan polas horas que caeron dos días,
dobran a esquina por onde fuxiron
as mañás de vísperas.

Palabras de vidro desangran ilusións
ao pé da cegueira dun tempo
medido có aceiro da mentira.

A esperanza sigue a tender futuros imposibles
entre a sombra dun onte que se foi, e un decotado presente
que se nega a ser cinza.

Lonxe de todo, a vida pechouse nunha hora longa;
hai que abrir portas e ventás para que entre o aire
e remova e limpe o corazón e a palabra.

                                                                Ana López.

No hay comentarios:

Publicar un comentario