sábado, 5 de marzo de 2022

Nuestro Macondo, Sábado 5 de Marzo de 2022

 Muy buenos días mis queridos DIversos. Tras la pausa de Carnaval, nos comunicamos con este hilo virtual que nos sigue manteniendo unidos a la espera de tiempos mejores.

Hoy la crónica viene de la pluma de nuestra escritora y pintora Yoli López, nos pone al día de sus actividades y nos introduce en el mundo de la traducción. A pesar de todo disfrutemos de nuestra diversidad y defendamos la poesía siempre.
Besos, versos y mucha paz.
Ángeles.

Prezados poetas diversos, seguimos con esta andaina cibernética, botando en falla eses encontros que non chegan.

Onte asistín con ledicia a un evento vía streaming sobre a antoloxía poética KILÓMETROS DE TIEMPO da autora, até agora bastante descoñecida, CARMEN CASTELLOTE, publicada na gran editorial TORREMOZAS. Quedei asombrada pola forza dos seus poemas. Esta autora viuse obrigada a emigrar na guerra a Rusia, de alí pasou a Polonia, e hoxe en día vive en Mexico. Na presentación estaba LUIS GARCIA MONTERO e o actor CARLOS OLALLA que hoxe en día mantén contacto postal con Carmen. Dúas actrices, ALEJANDRA LORENTE e LUCIA BARRADO deron un recital asombroso cos poemas de Castellote. Como o desfrutei! Como anécdota dicir que nos anos nos que vivín en Madrid, fun subscriptora de Editorial Torremozas e quedei feliz. Publican libros escritos soamente por mulleres que foron esquecidas no seu tempo e que deciden revalorizar.

Estes meses ando a verquer ao galego os poemas da gran autora inglesa do século XIX EMILY BRONTË tan ben coñecida polo seu clásico CUMBRES BORRASCOSAS que en tantas ocasións se adaptau á gran pantalla. Seguro que sabedes que eran tres irmás escritoras: CHARLOTTE, EMILY e ANNE. Pois ben, esta autora escribiu nada máis e menos que 169 poemas e curiosamente só hai unha antoloxía dos mesmos en castelán.

Pois teño moi boas novas. En xullo deste mesmo ano, sairán do prelo 36 deles traducidos ao galego por min na editorial especializada en tradución RINOCERONTE afincada en Cangas do Morrazo. Estou a facer un limiar extenso cun estudio bibliográfico profundo. Estouno a desfrutar moitísimo.

(Gettylmages) Emily Bronte


Bicos a moreas de YOLI

No hay comentarios:

Publicar un comentario