miércoles, 26 de marzo de 2014

Poesía - Concurso




I CERTAME DE POESÍA DA BIBLIOTECA PÚBLICA DA CORUÑA

Biblioteca Pública de A Coruña Miguel González Garcés

Calle Miguel González Garcés 1. 15008 A Coruña



Co gallo da celebración do Día Internacional da Poesía (21 de marzo), a Biblioteca Pública da Coruña convoca o I Certame de Poesía no que poderán participar todas as persoas maiores de 16 anos.
Categorías
·Poesía en galego
·Poesía en castelán

Condicións de presentación das obras:
Cada participante só poderá presentar unha única composición poética elixindo unha das dúas categorías do Certame.

As composicións deberán ser orixinais e inéditas e non reproducidas nin difundidas previamente en ningún tipo de soporte ou medio (publicacións escritas, páxinas web, redes sociais...)
A extensión máxima admitida será dun folio escrito por unha cara con fonte Arial de tamaño 11 e interliñado de 1'5. Poderá empregarse calquera forma poética (soneto, haiku, verso libre, etc.)
As participacións deberán entregarse no Mostrador de préstamos da entrada da Biblioteca ou na Secretaría.
Forma de presentación: os poemas presentaranse sen asinar, cun pseudónimo e introduciranse nun sobre pechado. No exterior do mesmo o participante deberá escribir a denominación do certame: I Certame de Poesía na Biblioteca Pública da Coruña, a indicación da categoría na que participa (galego ou castelán), seguido do correspondente pseudónimo. No interior do sobre incluirá a folla escrita co poema e outro sobre, de menor tamaño e tamén pechado, cos seus datos persoais (nome e apelidos; DNI; idade; teléfono e, de ser o caso, correo electrónico ) .
 O prazo de presentación comezará o 21 de marzo e rematará o 9 de abril.
Premiaranse os dous mellores poemas en lingua galega e os dous escritos en castelán. Os agraciados recibirán lotes de libros e outros documentos o día 23 de abril (Día do Libro) nun acto que se celebrará ás 13 h. no salón de actos da Biblioteca Pública.
A participación neste certame implicará a aceptación das normas do concurso e a cesión a favor da Biblioteca Pública dos dereitos de publicación e exhibición en calquera formato e medio das obras presentadas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario