![]() |
"A tristeza deita sangue..." |
En maio os peitos da luz
amamantan os días
que medraron baixo as chuvias de abril
e os ventos de marzo.
En maio as mágoas átanse á cor das flores
e mídense en magnitudes de transparencia.
Agora teño o corazón
enchoupado en melancolías vermellas.
Cósenme as pálpebras bágoas amarelas,
dores azuis róenme os adentros,
mastigo angustias alaranxadas,
supuran os labios ausencias violáceas
e soidades brancas cólanse entre os dedos.
En maio penduro os abrigos nunha percha,
gardo nunha gabeta os xerseis do inverno.
Saco as cores do armario para adobiar as penas
e camiño polas rúas, anémica de escuridades…
A tristeza deita sangue na inercia celeste da tarde.
(Foto propia)
(Foto propia)
Meus: Como non podo estar con vós no Nacondo , acompáñovos dende aquí con este poema. Apertas
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarTamo puxen no blog, na páxina do día de hoxe. Vai por dous
ResponderEliminarMellor!!!