Rompeu os zapatiños de cristal
e a argola de ouro
que a encadeaban ao paraíso.
Agora fai equilibrios no arame
có seu fardo de sombras.
Vai cabo dela outra muller
que ten voz propia,
palabras e silencios;
que a leva da man polos camiños do aire.
Esa
é só dela,
deixémola gardada.
Ana López.
Unha fermosa aproximación á vida de Sylvia Plath. Ela e os seus pantasmas, ela e os seus desexos, ela e a vida. Grazas Ana
ResponderEliminar