Daquelas que cantan as pombas i as frores
todos din que teñen alma de muller.
Pois eu que n'as cantoVirxe da Paloma
!ai! de que a terei?
Rosalía de Castro.
Hai quen anda á procura da Muller,
case sempre un poeta namorado,
pero os homes e a mulleres singulares
non están nos spots publicitarios.
As mulleres somos tí, eu e máis aquela,
raiñas, princesas, fadas, cincentas,
carapuchiñas vermellas, brancaneves,madrastras,
e tamén meigas anubrando o espazo.
A muller non se arrola con boleros,
nin vai ao carrelo de versos primorosos,
non oculta a identidade trala máscara
nin disfraza a realidade coas palabras.
A muller reencárnase no aire, no mar, na terra,
no estalido da luz, na sombra negra.
Desta longa historia das afrentas
é perigoso saír polos atallos.
Ana López.
No hay comentarios:
Publicar un comentario