sábado, 21 de mayo de 2016

Nuestro Macondo 15 de Mayo de 2016- O noso Macondo, 15 de maio de 2016

A PONTE DAS LETRAS



Ía chuvia no 106 da rúa do Santo André na Coruña a mañá do sábado das letras (galegas). 

Nesta choiva de maio florecen polo Macondo varios Diversos con libros de letras galegas. Poucos. Poetas de ponte. A ponte das Letras. Semella que os poetas tamén collen ponte. Tamén baixas médicas. Pero a poesía todo o cura. Intres para-sé desfogar da vida. Poetas que camiñan por Oleiros. Disque en Maianca hai unha igrexa prerrománica. 

Bó sitio entón para pregarias en tempos de árabes reconquistas. Discusións e comparacións sobre a xá manida dicotomía home / muller sempre presentes nas reunión diversas.

 Falamos de Manuel María e da súa condición rural. Pensamento da terra dende a terra. Manuel María como un anaco de terra. Limos “O lume” e “O cuco” diste autor. 
O cuco

O cuco, cuco, cuqueiro
o cuco, cuco, cucón.
Madrugón e cantareiro
cantareiro e madrugón.

Oise pola carballeira
ó vello cuco souril
ó nacer a primaveira
antre o Marzo i o Abril.

O cuco, cuco, cuqueiro
o cuco, cuco, cucón.
Madrugón e cantareiro
cantareiro e madrugón.

¡O vello cuco cucou
e moito máis cucará!
¡O cuco non me capou
e nunca me capará!

O cuco, cuco, cuqueiro
o cuco, cuco, cucón.
Madrugón e cantareiro
cantareiro e madrugón.

Polas mañás ben cediño
o cuco canta: cu- cu.
¡Como o teño por veciño
eu trato o cuco de tu!

Outros diversos mais urbáns leron outros autores Galegos en traducción ó español.

Diversos. Terapia psicolóxica tamén. A poesía é para seren escoitados, pero tamén pa escoitar.

Letras galegas.

Sentimientos diversos.

Culturas diversas.


Miguel Melero. 15 de maio de 2016.


No hay comentarios:

Publicar un comentario