martes, 28 de enero de 2014

XVII Concurso de Poesía "CONCELLO DE CARRAL"

BASES
XVII CONCURSO DE POESÍA
“CONCELLO DE CARRAL”
1.‐ O Concello de Carral, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, convoca unha nova edición do Concurso de Poesía Concello de Carral.
2.‐ Poderán optar ao premio todos os autores/as maiores de idade e de calquera nacionalidade, sempre que o seu traballo se presente escrito en lingua galega. Non poden participar anteriores gañadores/as deste concurso.
3.‐ Fíxase un premio único de 2.000 euros. O xurado pode declarar deserto o premio. Sobre a contía do premio aplicaranse as retencións fiscais oportunas.
4.‐ Os traballos, cunha extensión mínima de 500 versos, serán orixinais, inéditos e non premiados noutros concursos no momento das deliberacións do xurado. Os autores responsabilízanse de lle comunicar á organización, dun xeito inmediato, a concesión doutros premios acadados a partir da remisión dos orixinais.
Os traballos presentaranse por triplicado, mecanografados con dobre espazo por unha soa cara, debidamente grampados ou encadernados, e coas páxinas numeradas. Cada copia dos traballos presentarase cunha portada na que figuren o título da obra e o lema ou alcume do autor/a, coincidindo no exterior co sobre pechado que debe acompañar á obra, e que conterá no interior o nome e apelidos do autor/a, DNI, enderezo, número de teléfono, correo electrónico e un breve currículo que incida na súa traxectoria literaria se a houbese.
5.‐ As obras presentaranse na Biblioteca Pública Municipal de Carral (Casa da Cultura, Rúa de Paleo, 17, 15175, Carral, A Coruña. Tel. 981 672 580).
6.‐ O prazo de admisión de orixinais estará aberto ata o 5 de abril de 2014.
7.‐ As deliberacións do xurado son secretas, e delas estenderase a acta correspondente. A decisión do xurado farase pública na primeira quincena do mes de maio.
8.‐ O xurado estará presidido polo alcalde do Concello de Carral ou concelleiro ou concelleira na que delegue, e formarán parte del dúas persoas de recoñecido prestixio no eido da poesía galega e a autora gañadora da edición anterior deste concurso; actuará como secretario o técnico municipal de Cultura do Concello de Carral. O xurado será nomeado polo alcalde e darase a coñecer antes de realizar as deliberacións.
9.‐ O título do traballo gañador e o nome e apelidos do seu autor/a daranse a coñecer mediante unha comunicación persoal (chamada telefónica) ao autor/a premiado/a, no blog http://culturacarral.blogaliza.org, na web municipal www.concellocarral.com, así como no taboleiro de anuncios da Casa da Cultura do Concello de Carral (Rúa de Paleo 17, Carral).
10.‐ Establécese un período de dez (10) días desde a decisión do xurado para presentar alegacións á citada decisión. As reclamacións, que se tramitarán ante o Rexistro municipal de Carral, serán valoradas e contestadas polo xurado.
11.‐ O Concello de Carral reservarase o dereito de publicar a obra gañadora.
12.‐ As obras non premiadas poderán ser retiradas polos seus autores ou polas persoas nas que deleguen, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte á resolución do xurado. Non se devolverán traballos por correo nin por empresas de mensaxes. As obras que non sexan retiradas no prazo indicado destruiranse.
13.‐ Correspóndelle ao xurado a interpretación das presentes bases.
14.‐ A participación nesta convocatoria supón a total aceptación destas bases.
15.‐ Toda a información relativa ao concurso publicarase na web municipal concellocarral.com e no blog culturacarral.blogaliza.org.

No hay comentarios:

Publicar un comentario