Neste
tempo de ausencias sen apenas despedidas quero
adicar este
pequeno relato en agradecemento á mellor
herdanza que nos
puideron deixar moitos dos que á forza
marcharon que é formar
parte do que somos, será por iso
que “jamás se recuerda lo
que nunca se olvida”.
Para todos os poetas tan diversos e
añorados, en memoria
dos versos que pronto volverán a
empapelar as paredes do
Macondo,
beixos miles, aínda sexan
a través da máscara seguiran
sendo beixos!
FLORES
DE PAPEL
ferro. A cancela estaba aberta, como soe ocorrer, en aldeas
de non máis ca dúas ducias de habitantes. Verán en
Valdeorras, só despóis do solpor baixase dos trinta. Dentro
todo é mármol e granito. Todo é silencio, que cala o presente
e da voz os momentos vividos, cos que antes vivimos. No pobo
xa suman máis os mortos que os vivos. Camiñando entre as
lápidas chego a da familia. Séntome ó carón e comezo o meu
relato: “Unha nena que leva o meu nome viaxa no tren
comarcal. Unha nena da que me separan máis ca tres décadas
e ademáis do nome leva os meus apelidos. Parte das súas tías
avoas acompáñana compartindo con ela a ilusión e as ansias
por chegar. A Coruña vaise perdendo tras o traqueteo e as
vías que bailan entre curvas. - A avoa espéranos na aldea
xunto coas dúas vacas. Fai uns días chorei acongoxada pola
recente morte da burra que tantas veces montara. As
bágoas cesaron cando ela me prometeu que se non había
burros dispoñibles na aldea poría as alforxas nunha das
vacas. Seguía sen entender como a pesar de seren tan listos
lles chaman burros e por qué as mulleres montánse coas dúas
pernas no mesmo lado. Conteilles as miñas tías algúns dos
plans: facer tirapedras con guantes, tobogáns de pallas no
palleiro, barcos de pao para navegar no lavadoiro, lecturas no
balcón: “Momo”, “Sólo un pie descalzo”, “Veva”... coa serra da
Enciña da Lastra observándome. Recordei como baixar as
escaleiras silenciando os pasos, ir buscar os rapaces e
bañarnos no río sen que se percatan de que non durmía siesta
(isto non llo contei a elas)-. Cada mes de Agosto quería estar
alí, no pobo coidábame soa. Hoxe sei que foi grazas a elas,
que tanto coidaron de min”. Ao rematar o relato córtoo en
tiras de papel. Pego os extremos e os coloco en forma de
pétalos. Remato as flores con botóns no medio. Colócoas nos
xarróns. Aínda que os mortos non falan hai palabras que se
escoitan sen ser lanzadas ao aire, aloumiños que sen tocar a
pel fan vibrar o corpo. Salgo, non sin antes arrimar a porta
sen pechar a cancela.