Un milladoiro para CorcoestoInstalación artística contra o cianuro, o arsénico e a destrucción da natureza.Os milladoiros son montóns de croios acumulados de xeito testimonial en determinados lugares. É unha práctica que ten unha raiz celtíbera, pobo que ía botando as pedriñas en cruces de camiños e outros lugares cunha simboloxía especial, para alonxar os malos espíritos.
Practicouse e practícase ainda en multitude de culturas de todo o mundo, dende a tribu Churingaque en Australia ate os Masais africanos, pasando polos pobos do norte penínsular esencialmente no Camiño de Santiago, neste caso despois de pasar o tamiz da cristianización.
Utilizabanna tamen os gregos e os romans tendo diversos significados. A pedra foi símbolo de forza, virilidade, fecundade, persistencia, demarcación? e nós utilizaremola de novo en Corcoesto, para alonxar os malos espíritos, os do arsénico e o cianuro que con este modelo de explotación mineira ameazan con mobilizarse polo interior da nae terra, nas súas veas de auga, as mesmas que nutren as nosas produccións agrícolas e gandeiras e que iría empozoñar tamén a ría toda.Enviade os vosos versos escritos sobre croios ou mesmo pequenas pedras intervidas, coas que montaremos unha instalación no III Enarborar o Bosque, adicado a protección de Corcoesto (Cabana de Bergantiños) e o seu entorno natural frente ao proxecto de explotación mineira de ouro a ceo aberto.
Manda a túa pedra (*) ao Apartado 223 de Cambre ? A Coruña antes do 28 de maio ou levaa o día 1 de xuño ao III Enarborar o Bosque que se desenvolverá en Corcoesto, con recitais, pintura ao vivo, música? unha verdadeira romería artístico-reivindicativa ao aire libre.
(*) Pon claramente o nome dx autor/a e envianos un correo electrónico coa trascripción do texto, o colgaremos na web xunto con fotografías dos seixos.
Xacobe Meléndrez Fassbender
Punto de encuentro entre gentes que tenemos amor a la poesía. Somos hombres y mujeres (y viceversa) con saberes, gustos, edades, orígenes y, sin duda, destinos diversos. Aquí están nuestras palabras, nuestros sueños, nuestras alegrías, nuestros intereses, nuestras dudas y nuestras certezas.
martes, 28 de mayo de 2013
Un milladoiro para Corcoesto contra a minería asasina
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario