Para Antonio (In memoriam)
Cerraronse as túas pálpebras
sobre un campo de lucernas
e os teu ollos de auga miran agora
verdades acochadas baixo sulcos de incerteza,
pero os teus versos quedaron enguedellados
na luz dun milleiro de mañás amarelas
e o teu sorriso acendeu unha lapa
que permanecerá sempre acesa
no horizonte de Macondo,
esa terra onde se perden as fronteiras…
E que ti alugaches para nós
coas túas palabras de poeta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario